Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro denuncia que despois das promesas da alcaldía, Misericordia e Campo de Verdes continúan sen acceso para servizos

Viveiro, 6 de setembro, 2022. A día de hoxe as rúas da Misericordia e Campo de Verdes continúan sen o paso necesario que de acceso a servizos vitais como o acceso os camións de bombeiros, ambulancias medicalizadas e incluso o habitual servizo de recollida de lixo.

Desde o BNG levouse a pleno a situación de ambos lugares, cunha alcaldesa que tanto dicia unha cousa como dicia outra, ou ben con ánimo de ocultar información ou ben por ignorar a situación que está a viver a veciñanza.

Tras as promesas de María Loureiro coa veciñanza de que en mes e medio poñeria solución ao problema de Campo de Verdes e que na Misericordia existe alternativa para unha nova estrada, rogamos a seguinte información:

. Se informe dos posibles avances para acadar o retranqueamento do muro que impide o paso en Campo de Verdes.

. Se soliciten informes técnicos ao Parque de Bombeiros e servizo de 061 coa finalidade de determinar a posibilidade de acceso dos seus vehículos á rúa Misericordia.

Exit mobile version