Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG recolleu sinaturas na Pontenova para reclamar medidas urxentes para a atención primaria

A Pontenova, domingo 11 de setembro 2022. Na mañá de hoxe o BNG proseguíu na campaña de recollida de sinaturas en apoio á ILP sobre medidas urxentes para a Atención Primaria que promoven colectivos sociais como SOS Sanidade Pública ou a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña. A sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma na atención primaria. Como é sabido, as políticas sanitarias do Partido Popular levaron a esta situación que se fai notar, e dun xeito moi acusado na nosa comarca, na Mariña, e tamén na Pontenova, un concello de 2.200 habitantes que ao longo deste verao tiveron serios problemas no Centro de Saúde, prácticamente colapsado.

A indignación das veciñas e veciños da Pontenova é notoria e así o facían constar na mesa de sinaturas que os nacionalistas instalaron na entrada da feira deste domingo na vila.

Xosé Luis Gutiérrez, portavoz municipal do BNG que participou na recollida de sinaturas anunciou que proseguirán nos vindeiros días tamén con esta iniciativa. “Desde A Pontenova temos que respaldar esta ILP para que chegue ao Parlamento cos máximos apoios e o PP teña que rectificar a súa política de desmantelamento da sanidade pública”, afirmou Gutiérrez.

O próximo xoves 15 desde as 11:00, o BNG estará tamén no mercado de Mondoñedo recollendo sinaturas.

Exit mobile version