Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS debuta con derrota no derbi galego ante O Parrulo Ferrol

Perden 6-4 nun partido moi igualado

Burela, 17 de setembro, 2022. Inicio dunha primeira metade moi igualado, que conseguiu romper táboas O Parrulo Ferrol con gol de Rubén Orzáez cun bo tiro desde fóra da área. Na seguinte xogada o CD Burela FS tería unha gran ocasión con Isma, pero non sería ata pasados uns minutos despois cando se produciría o empate cun gol de Rikelme cazando un balón dentro da área. Seguía a igualdade en pista, e os ferroláns volverona romper con gol de Adri un disparo moi bo preto do poste. O CD Burela FS tivo ocasións máis claras para empatar o partido, con todo, o resultado iríase ao descanso con 2-1 a favor dos locais.

Segunda parte na que se anotaron a maioría de goles. Empezaría cun disparo de Hélder ao Pau, pero sería Antón Arnejo chegando ao segundo pau ,o que marcaría o gol causando outra vez empate na Malata. Segurían os laranxas apertando ata conseguir poñerse por diante, cun golazo de Lucho que mandaba un balón á escuadra. O CD Burela FS conseguiu manter o marcador ata que se produciu un penalti que anotou Adri empatando o partido e Pazos sería expulsado por dobre amarela. Aínda coa expulsión os mariñáns tiveron ocasións de volverse a poñer por diante, con accións de Alberto Mirás e Rikelme, pero sería o Parrulo o que se adiantaría no marcador con gol de Tatin Yrigoyen. Ademais, o conxunto de David Rial cometería a sexta falta e aumentaría a vantaxe Adri de dobre penalti.

Sacando o porteiro xogador o Burela, puido recortar distancias con gol de Isma con outro bo disparo, pero finalmente, a minutos do final sentenciaba Adri aproveitando un rexeite na área, facendo o 6-4 definitivo.

Ficha técnica

CD Burela FS: Bruno, Pazos, Lucho, Isma, Rikelme, -Cinco Inicial- Pitero, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Nito, Eloy y Roi
O Parrulo Ferrol: Coro, Iván Rumbo, Hélder, Kevin Chis, Adri, -Cinco inicial- Pedro, , Rubén Orzáez, Tatin Yrigoyen, Noel, Alex Regueira, Wilson Francia, Domingos

Goles: Min 6 Rubén Orzáez 1-0; Min 9 Rikelme 1-1; Min 12 Adri; Min 22 Antón Arnejo 2-2; Min 26 Lucho 2-3; Min 31 Adri 3-3; Min 34 Tatin Yrigoyen 4-3; Min 35 Adri 5-3; Min 38 Isma 5-4; Min 39 Adri 6-4.

Equipo arbitral: Miguel velasco, F, Miguel velasco, R. – López López, D, López Seijas

Incidencias: Partido correspondiente a la 1ª jornada de la Segunda Federación de Fútbol Sala Masculino disputado en el pabellón A Malata.

Exit mobile version