Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS segue goleando ás súas rivais

Gañan 3-7 ao Leganés, sumando a súa terceira vitoria consecutiva en liga

Burela, 24 de setembro, 2022. Comezaba o partido na Fortuna cunhas guerreiras que ían ter todo o protagonismo durante os primeiros 20 minutos. Dany xogaría o seu papel de goleadora para adiantar ao CD Burela FS aos poucos minutos de xogo cun disparo raso, e posteriormente ela mesma facendo un dobrete a partir dun rexeite. Faltando un minuto de xogo da primeira parte, o conxunto de Julio Delgado anotaría dous goles máis. Primeiro Antía cun disparo forte conseguía perforar a meta, e posteriormente Emilly facía xustiza desde o dobre penalti. Iríase o partido ao descanso con 0-4.

Segundo comezaba a segunda metade o Leganés ía recortar distancias por partida dobre. Guti encargaríase cun dobrete de reducir distancias. Primeiro con aproveitándose dun rexeite da súa compañeira, e posteriormente cunha xogada de equipo de xogo de cinco anotaría o segundo para as locais. En cousa de minutos, Jenny marcaría o quinto a pase de Irene Samper para o CD Burela FS, pero o partido parecía que aínda non se ía a decidir pois un minuto despois o Leganés contestaba con gol de Puche despois dun potente disparo. Con todo Peque e Jenny ían sentenciar o partido, con dous goles similares no último minuto de xogo tras roubar o balón e rematar a portería baleira.

Ficha técnica

C.D. Leganés F.S.: Miriam; Puche, Guti, María Barcelona y Patri Blázquez, -Cinco Inicial-Natalia Orive, Patry, Faty Villar, Olea, Chuli, Paula Molano e Raquel Gadea

CD Burela FS: Jozi, Irene Samper, Patricia, Antía Pérez, Peque, -Cinco Inicial- Masha, Jenny, Cilene Dasha y Emilly, Dany, Sonya e Evelina.

Goles: 0-1, min. 7 Dany ; 0-2, min. 15 Dany ; 0-3, min. 19 Antía; 0-4, min. 20 Emilly 1-4, min. 24 Guti ; 2-4, min. 33 Guti 2-5, min. 35 Jenny 3-5, min. 37 Puche 3-6, min. 39 Peque 3-7, min. 40 Jenny

Equipo arbitral: Marazuela Hernando y Miguel Velasco. Cartón amarelo a Miriam no Leganés e Antía no CD Burela FS

Incidencias: Partido correspondiente a la 3ª jornada de la Primera Federación de Fútbol Sala Femenino disputado en el Pabellón La Fortuna.

Exit mobile version