Site icon Crónica3.com A Mariña

O ciclo de cine na rúa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación chega esta fin de semana a Riotorto, Ourol e Triacastela

Lugo, 9 de setembro de 2022- O ciclo de cine na rúa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa esta fin de semana con tres novas proxeccións de películas en galego.

Na Órrea (campo da festa, ás 22.00 horas), no concello de Riotorto, e en Bravos (exterior do local social, ás 21.30 horas), no concello de Ourol, poderán desfrutar este sábado da comedia galega “Cuñados”, dirixida por Toño López e con Xosé Antonio Touriñán e Miguel de Lira no elenco. O domingo proxectarase a película de animación “Bella e o Cirxo Máxico” -dobrada ao galego- nas instalacións do CEIP Eduardo Pardo Vila de Triacastela.

As novas datas continúan coa xeira de proxeccións que se ven desenvolvendo desde o pasado 15 de agosto coa colaboración de asociacións e concellos nas diferentes comarcas. Así, nestes días realizáronse sesións ao aire libre en Navia de Suarna, Láncara, Ferreira do Valadouro, Tuiriz (Pantón), Taboada, Castro de Carballedo, Meira, Cervantes, Lourenza, Abadín, A Fonsagrada, Vilalba, O Saviñao (Escairòn), Cela (O Corgo), A Pastoriza, O Incio, Burela, Seceda (Folgoso do Courel) e Vicinte (Outeiro de Rei).

O ciclo continuará con novas datas ao longo do mes de setembro (cultura.deputacionlugo.gal).

Exit mobile version