Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro manterá ata o venres 7 de outubro a recollida de sinaturas en apoio á flota de fondo de Celeiro

Viveiro, 29 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro manterá ata o venres 7 de outubro a recollida de sinaturas na entrada da casa consistorial en apoio á flota de fondo.
O concello quere manifestar o seu total apoio ao Porto de Celeiro e pide aos veciños e veciñas que asinen o ‘Manifesto pola pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas’.

Ademais, a proposta da alcaldía, o Concello de Viveiro levará ao pleno municipal do 4 de outubro unha moción en apoio do Porto de Celeiro e en contra da nova regulación prevista para a pesca de fondo por parte da Comisión Europa.

“O sector pesqueiro español e do resto de países afectados están en serio perigo, e o concello apoia todas as reivindicacións do Porto de Celeiro; o goberno central e a Xunta deben presionar para esixir un cambio de postura inmediato en Bruxelas”, sostén María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

“Viveiro é sinónimo de pesca, así como outros concellos da Mariña. Todos debemos estar xuntos na defensa do sector, desde o concello tomaremos e impulsaremos todas aquelas medidas que sexan necesarias, non podemos permanecer calados ante un grave ataque como este”, engade a alcaldesa.

Exit mobile version