Site icon Crónica3.com A Mariña

O viveirense Cristóbal Rodríguez debuta no Campionato do Mundo en Lignano Sabbiadoro como Técnico da selección Sub 19

Viveiro, 6 de setembro, 2022. O pentatleta Internacional Viveriense Cristóbal Rodríguez, dobre Campeon do Mundo e de Europa, debuta no seu primeiro Campionato do Mundo como Técnico da Selección Española Sub 19 no mundial de Lignano (Italia) do seis ao once de Setembro. Rodríguez que na súa carreira como deportista Internacional ten competido en máis de catorce mundiais, cifra moi difícil de superar e acadar, iniciou do mesmo xeito que outros internacionais de distintos países a súa carreira como técnico tras sufrir o COVID.

Rodrígue ten ampla formación académica, e é políglota e Tecnico Senior da UIPM, con varios Masters no deporte de alto rendemento, ocupando tamén as funcións de director Técnico de Madrid e corresponsable do plan Nacional de formación.

Entre as súas pupilas neste Mundial atópase a galega Mercedes Vila, pois desde mediados de xuño compaxina o seu labor no CAR Blume de Madrid con Tecnificación para a Federación Galega.

Exit mobile version