Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro critica que non accedera ao balcón do Concello no pregón toda a corporación

Viveiro, 2 de setembro, 2022. Viveiro ven de celebrar as festas patronais do ano 2022, o acto de inauguración oficial das mesmas tivo lugar o domingo 14 de agosto e presenta algunhas novidades con relación as festas dos anos anteriores.

Unha das novidades foi a recuperación do Pregón das Festas, en Por Viveiro estamos a favor de esta medida, a nosa opinión e favorable no fondo, porén rexeitamos totalmente as formas nas que tivo lugar a súa realización. Non entendemos como despois de invitar “E ten a honra de invitalo ó Pregón das Festas a cargo de D. Ramón Pernas López , que terá lugar o 14 de agosto, ás 13:00 horas, no balcón das Biblioteca Municipal, coa participación da Banda Municipal de Música o Landro” a toda a corporación, no momento de comenzo do mesmo non se nos permite acceder o balcón da Biblioteca Municipal, lugar elixido para os actos de inauguración das festas.

Outra das novidades dos actos de inauguración das festas foi a interpretación dos Catro Vellos Mariñeiros, aínda que vemos axeitada a interpretación do que pode ser considerado himno oficioso de Viveiro, este feito non pode nin debe supor a eliminación do izado das bandeiras e da interpretación do himno de Galicia, que eran o eixe fundamental deste acto.

Por todo o exposto, rogamos ao equipo de Goberno a explicación en pleno do deseño e
planificación dos actos de inauguración das festas patronais do ano 2022 e, xa a posteriori, se esta satisfeito co desenvolvemento dos mesmos.

Exit mobile version