Site icon Crónica3.com A Mariña

VIII edición do certame Vogal Mamá Quero Cantar que organiza a Escola Municipal de Música de Mondoñedo

Unha nova edición con 12 participantes que comezaron no mes de xullo os ensaios e preparación desta gala que ofrecerán o venres 9 de setembro no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo. Coma en edicións anteriores, desfrutarase de música de diferentes estilos, coreografías creadas polos participantes e un gran desplegue de atrezzo. A entrada será libre e gratuíta.

Exit mobile version