Site icon Crónica3.com A Mariña

“Viva la Pepa”, este sábado no Auditorio  Hernán Naval de Ribadeo

Ribadeo, 30 de setembro, 2022. A coñecida actriz Pepa Rus tráenos esta divertida comedia. Pepa é unha muller sen futuro, nai solteira de dúas xemelgas que vive a vida alimentada tan só polo aire que respira e, quizá, pola positividade e o sorriso que nunca perde #ante tanta amargura.

Pero de súpeto todo cambia e, da noite para a mañá, convértese sen querelo nunha heroína. Os medios de comunicación fan dela a persoa máis popular do momento e políticos, xornalistas e programas de televisión dispútanlla.

A súa vida gris parece volverse rosa e as promesas de axudas para os seus fillos, para o seu alugueiro, para todo, aos poucos esquécense. Ante tanta mentira, Pepa decide dar unha puñada sobre a mesa e tomar as rendas aproveitando que aínda non perdeu do todo a popularidade. Quere ser alcaldesa da súa cidade, Melilla. Quen dixo que non pode selo?.

Unha comedia chea de verdade, porque é na verdade onde nace a mellor comedia.

Hora: 20 h. Entradas: https://www.gameoverpro.es

Exit mobile version