Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada formativa para a planificación de plantación de castiñeiros en Alfoz

Alfoz, 30 de setembro, 2022. Impartida polo Centro Agroforestal do Concello de Riós en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Axencia Galega da calidade alimentaria, terá lugar esta xornada formativa o venres 14 de outubro, de 10:00h a 14:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

Actividade gratuíta, dirixida a persoas en activo interesadas na xestión forestal. Inscrición previa. O modelo de inscrición está dispoñible na web municipal www.concellodealfoz.com, sección noticias, e tamén nas Oficinas de Rexistro do Concello de Alfoz. Unha vez cuberta debe enviarse por correo electrónico a: centroagroforestal@concelloderios.gal

Trataranse entre outros temas: a época de plantación, preparación do terreo, elección da planta, beneficios que pode xerar a plantación, liñas de axuda, etc.
Máis información no teléfono 982 558 001 (ext. 2).

Exit mobile version