Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove acolle este sábado o XI Encontro de Palilleiras

Xove, 28 de setembro, 2022. Este vindeiro sábado 1 de outubro Xove acollerá o XI Encontro de Palilleiras, esperando a chegada de 320 de diferentes Concellos de Galicia e Asturias. Tamén haberá 18 postos de venda, onde participantes e visitantes poderán adquirir produtos relacionados con este mundo.

Como acto emotivo e especial contarase cunha palilleira de 104 anos, Isabel García Sierra, que vai asistir ao Encontro coa Asociación “Tejiendo Sueños” de Viveiro

Exit mobile version