Site icon Crónica3.com A Mariña

439 sinaturas recollidas en Xove en apoio ao Manifesto pola pesca

Xove, 5 de outubro, 2022. O alcalde, Demetrio Salgueiro, fixo entrega hoxe en Celeiro das 439 sinaturas recollidas polo Concello en apoio ao Manifesto pola pesca e marisqueo, e o rexeitamento a medidas como a prohibición da pesca de fondo en 87 área de augas europeas decretas pola comisión europea.

Estas sinaturas foron recollidas nas oficinas do Concello e nos locais de hostalaría de Xove. Dende o Concello agradécese a todas as persoas que asinaron a adhesión ao Manifesto o seu apoio.

Ademais no Pleno do Concello celebrado este pasado luns, aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo PP de apoio ao Manifesto pola pesca.

Con isto, dende o Concello quérese deixar claro o rotundo apoio ao sector pesqueiro galego ao completo, e o rexeitamento a esas medidas tan dañinas que a Comisión Europea quere impor aos nosos pescadores.

Exit mobile version