Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro en colaboración co concello, puxo en marcha un sorteo dentro das actividades da campaña SuperArte

Baixo o lema “Por un Comercio Inclusivo e Solidario” a Asociación de comerciantes colabora nesta 4ª Edición do programa SuperArte cun sorteo de 300€ en vales de compra

Viveiro, 19 de outubro, 2022. A forma de participar é moi sinxela para animar a todo o mundo a que participe. Consiste nun sorteo en redes sociais, accesible para todos. O único que hai que facer é sacarse unha foto, intentando que sexa o mais divertida posible, nalgún dos 2 photocalls instalados na Praza Maior ou na Praza da Fontenova, e subila ás redes sociais, etiquetando a @viveirocentro e @concellodeviveiro co hastag #comercioinclusivo.

Sortéanse 300€ en vales de compra do CCHV, repartidos en 6 premios de 50€ cada un, para canxealos ata o 31/12/22 en calquera dos negocios asociados. As fotos pódense subir ao Facebook ou ao Instagram ata o domingo 23 de outubro ás 00:00 e o luns 24 de outubro realizarase o sorteo entre tódalas fotos subidas. Comunicaráselles de inmediato ós gañadores para que empecen a desfrutar dos seus premios o máis axiña posible. Con “SuperArte Photocall” pretendemos aportar o noso gran de area a este proxecto de visibilización das persoas con diversidade funcional, que se convirteu nun referente afianzándose con esta 4ª edición. Animamos a todo o mundo a participar, pasar un rato divertido sacando a foto no photocall e así poder gañar un dos 6 premios que se sortean

Exit mobile version