Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria da Mariña recollerá este martes sinaturas en apoio da ILP en defensa de atención primaria no consultorio de Cervo

O horario de recollida de sinaturas será o habitual, desde as 11 ata as 13 horas

A Mariña, 16 de outubro de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña desplazará o seu dispositivo móbil ao consultorio de Cervo o vindeiro martes 18 de outubro desde as 11 ata as 13 horas. O obxectivo desta mesa será a recollida de sinaturas en apoio da ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria.

Esta iniciativa lexislativa popular está promovida por SOS Sanidade Pública, colectivo no que está integrada a Plataforma Sanitaria da Mariña e recolle medidas tan importantes como garantir a presencialidade e calidade na atención, mellorar as condicións e dotar axeitadamente de persoal os centros de saúde, incorporar novas categorías (coma logopedia, podoloxía, clínica…) e incrementar o xa existente ou rematar coas esperas en Atención Primaria, entre outras.

Desde este colectivo sanitario animamos ás e veciñas e veciños de Cervo a que se acheguen ata este dispositivo para apoiar coa súa sinatura esta inciativa que tenta recuperar e reflotar unha Atención Primaria que “nestes momentos camiña cara á deriva polas política de recortes e desprestixio que o goberno da Xunta leva practicando desde hai trece anos”- conclúe Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma.

Exit mobile version