Site icon Crónica3.com A Mariña

A veciñanza de Viveiro amosa o seu apoio á ILP sobre medidas urxentes para a atención primaria

O BNG recolleu sinaturas hoxe na Praza Maior

Viveiro, luns 31 de outubro 2022. Na mañá de hoxe o BNG proseguíu na campaña de recollida de sinaturas en apoio á ILP sobre medidas urxentes para a Atención Primaria que promoven colectivos sociais como SOS Sanidade Pública ou a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Desde o BNG de Viveiro procederon á recollida de sinaturas e tamén á divulgación desta iniciativa tan necesaria para mellorar a atención primaria e a sanidade pública en xeral e que precisa do apoio de toda a cidadanía localidade a localidade para que que chegue con forza ao Parlamento, porque o malestar da poboación é xa un auténtico clamor con todo o que está acontecendo na atención primaria e nos centros de saúde da comarca e do país

A sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma na atención primaria. Como é sabido, as políticas sanitarias do Partido Popular levaron a esta situación que se fai notar, e dun xeito moi acusado na nosa comarca, na Mariña e neste sentido a portavoz do BNG en Viveiro, Miriam Bermúdez manifestou que “o Bng sempre está e estará na defensa dunha sanidade pública digna, dunha sanidade pública do século XXI e por eso esta iniciativa lexislativa que apoiamos tén que servir para frear as políticas contra a sanidade pública que está a levar adiante o PP”.

Desde o BNG, recordaron tamén as situacións sufridas semanas atrás en Viveiro no centro de saúde, donde se chegaron a dar casos de dispoñer só de dous médicos dos dez que hai en plantilla.

Exit mobile version