Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcoa asina con Endesa un novo contrato de enerxía a longo prazo para apoiar o rearranque da produción de aluminio primario en San Cibrao

Cervo, 6 de outubro, 2022. Alcoa vén de asinar un novo contrato de enerxía a longo prazo para apoiar o rearranque da produción de aluminio primario en San Cibrao.

Este acordo, asinado con Endesa, contemplaría ata 131 megawatts de carga baee a partir do segundo semestre de 2025 e ata 2033, o que representa algo máis do 30 por cento das necesidades de enerxía eléctrica da planta de aluminio de San Cibrao a máxima capacidade. O volume final e o inicio das entregas de enerxía en carga basee adaptaranse a medida que evoluciona o desenvolvemento dos parques eólicos.

O acordo con Endesa complementa o alcanzado a principios deste ano con Greenalia de ata 183 megawatts, tamén suxeito ao proceso de permisos de parques eólicos, que podería representar aproximadamente ata o 45 por cento da enerxía requirida para alimentar a planta de aluminio á súa capacidade máxima. Conxuntamente, a enerxía en carga basee de ambos os acordos con Endesa e Greenalia poderían achegar ata o 75 por cento aproximadamente das necesidades da planta de aluminio a plena capacidade.

O acordo asinado con Endesa proporcionará tamén o servizo de comercialización de enerxía eléctrica que consuma a planta de aluminio desde 2024 ata polo menos 2030, tanto a procedente da enerxía en carga basee do acordo con Endesa, como a procedente doutros acordos asinados como o de Greenalia, ou procedente directamente do mercado.

Aínda que este é un avance moi significativo, adicionalmente a este ou outros acordos de enerxía que Alcoa poida alcanzar, segue sendo necesario un marco enerxético para a nosa industria que proporcione un prezo final a longo prazo estable e competitivo.

Alcoa segue tamén avanzando nos distintos proxectos de investimento comprometidos e en acometer melloras para preparar a electrolisis para o seu futuro rearranque.

Exit mobile version