Site icon Crónica3.com A Mariña

As Farangullas organiza un evento benéfico en favor de FEGEREC

Foz 19 de outubro de 2022. A Asociación Cultural As Farangullas organiza un evento benéfico en favor da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC).

O acto consistirá nunha cea baile que terá lugar o vindeiro 12 de novembro a partir das 21:00 no pavillón do Colexio Martínez Otero. A entrada requerirá dunha doazón de 25€ por persoa e as tarxetas poden reservarse desde o 20 ao 31 de outubro no correo electrónico eventofarangullas@gmail.com ou no teléfono (tamén whatsapp) 608 11 77 87, esta entrada ao evento inclúe cóctel de benvida, cea, espectáculo e doazón.

Durante a velada os asistentes poderán desfrutar de música en directo a cargo de Toxo Guayaba e Eventec así como Glitter, vídeo/foto boot 360 e algunha outra sorpresa.

Se algunha persoa non pode asistir a este evento pero quere colaborar coa causa pode facer unha aportación de 10€ á Mesa 0 a través dun ingreso ou transferencia ao número de conta ES52 0081 2287 6200 0112 6617.

Desde a Asociación Cultural as Farangullas queremos agradecer a todas as entidades e negocios colaboradores sen os cales non sería posible celebrar este evento e animamos a todos e todas as veciñas a colaborar asistindo ao mesmo, a ocasión ben o merece!

Exit mobile version