Site icon Crónica3.com A Mariña

Conclúen os traballos no aparcadoiro do cemiterio parroquial de Foz, financiados por Medio Rural da Deputación

Lugo, 7 de outubro de 2022. Foz conta cunha zona de aparcadoiro completamente renovada a carón do cemiterio parroquial, no Pico do Castro. A empresa encargada de executar as obras, financiadas pola área de Medio Rural da Deputación de Lugo, ocupouse nas últimas horas do pintado das prazas, despois de realizar durante estas semanas os traballos de nivelado e aglomerado na parcela.

O tenente alcalde de Foz, Xavier Fanego, agradeceu “a colaboración da área de Medio Rural da Deputación para financiar e axilizar esta actuación, coa que se mellora un espazo moi usado pola veciñanza coa creación de corenta prazas de aparcamento” e recordou que, no marco do mesmo contrato, “se habilitou tamén como aparcadoiro unha parcela a carón do colexio de Nois, facendo máis cómoda e segura para as familias a hora de entrada e saída ao colexio ”.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire reiterou o compromiso “coa colaboración institucional para avanzar na mellora de espazos públicos e servizos para a veciñanza dos diferentes concellos” e apuntou que “o encargo das obras a Tragsa, como medio propio da Deputación de Lugo, permitiu desenvolver os traballos coa maior axilidade posible, máis tendo en conta o contexto de encarecemento de materiais que está retrasando distintos procesos de contratación nas diferentes administracións”. O investimento orzamentado paras ambas actuacións foi de 37.000 euros.

Exit mobile version