Site icon Crónica3.com A Mariña

“Cóntallo ti” a Míriam Bermúdez en Xunqueira

Este venres 21 de outubro, estará no café-bar “A Curva” en Xunqueira a partires das 19h para escoitar e recoller propostas, demandas, ideas ou queixas que as veciñas e veciños queiran trasladar ao BNG e á concelleira Míriam Bermúdez. O BNG leva anos visitando as parroquias do concello cos encontros “cóntallo ti”, potenciando a voz da veciñanza trasladando e defendendo as demandas que fan chegar no pleno municipal.

Exit mobile version