Site icon Crónica3.com A Mariña

Este martes preséntase en Cervo o proxecto ‘Mentalización e Sensibilización en Saúde Mental’

Cervo, 17 de outubro, 2022. Mañá, 18 de Outubro, ás 12:00 da mañá terá lugar a presentación oficial e difusión do Proxecto “Mentalización e Sensibilización en Saúde Mental” , na sede da nosa entidade.

O obxectivo da presentación é que tod@s as persoas, facendo maior fincapé nos centros educativos, coñezan o proxecto e a súa razón de ser así como o apoio recibido para o mesmo da fundación A Caixa, xa que é un proxecto con cargo á Convocatoria Galicia 2022-Programa de axudas a proxectos de iniciativas Sociais , da Fundación A Caixa.

Para iso contaremos con Dna. Susan Santos Morais, Responsable territorial da Fundación a Caixa en Galicia, así como con Dna Pilar Armada, Concelleira de Servizos Sociais, Dna Mali Méndez , Concelleira de Sanidade do Excmo. Concello de Cervo, Dna. Sonia Nogueiras e Dna. Vanesa Pernas, Psicólogas que interveñen activamente no proxecto , D. Jorge Manchado, Presidente da Entidade e Dna. María José Nóvoa , Directora Técnica Xeral e Xerente da mesma.

O obxectivo do proxecto é mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias e minimizar o estigma que supón padecer unha enfermidade mental , así como abordar as adiccións como un factor de risco claro no inicio das mesmas.
Este proxecto ten dúas liñas de actuación :

-Mentalización: traballar coas persoas con Enfermidade Mental e os seus familiares. Xa se están realizando desde setembro grupos de psicoeducación específicos , grupos de familias, así como atención individualizada de persoas con Enfermidade Mental e as súas familias.

Búscase lograr maior autonomía e responsabilidade ás persoas con Enfermidade Mental e as súas familias no coidado da saúde mental para que poidan desenvolver un proxecto vital exitoso.

-Sensibilización: orientada a traballar cos alumnos e profesores de centros de educación infantil e primaria e institutos de ESO nas localidades de Cervo, Burela e Foz ” para normalizar” a enfermidade mental, favorecer o seu coidado e eliminar o estigma e prexuízos existentes sobre as devanditas enfermidades.

Representaremos a obra de teatro “Teatro contra o bulliyng : eu son único”

-Presentaremos o conto sobre enfermidade mental “A Super_Acción de Mauricio”, creado por usuari@s da entidade.

Exit mobile version