Site icon Crónica3.com A Mariña

I Xornada escolar de prevención e sensibilización do cancro, este venres en Burela

Burela, 11 de outubro, 2022. A Asociación Esperanza comeza as súas actividades neste outono-inverno tendo como obsectivos preferentes a recadación de fondos para fomentar a investigación cara a mitigar os efectos da enfermidade, e sensibilizar á veciñanza na idea central de que a loita contra desta enfermidade é cousa de todos.

Centrándose neste segundo obxectivo, Esperanza considera prioritario informar e formar aos máis novos; por iso, organiza a I Xornada Escolar de sensibilización e prevención do cancro, gracias á colaboración do voluntariado da Fundación ALCOA. Dirixida ao alumnado de sexto de primaria dos CEIPs Virxe do Carme e Vista Alegre, denselvolverase este venres 14 de outubro pola mañán, na Praza de Abastos. O esquema da xornada consiste en charlas e ponencias informativas e de prevención impartidas por persoal facultativo e médicos residentes do Hospital da Costa, seguidas de coloquio con preguntas e elaboración de debuxos sobre o tema. Un almorzo saudable e entrega de regalos pechará a xornada.

Esperanza confía en que esta I Xornada de sensibilización e prevención do cancro dirixida á poboación infantil motive ao resto da veciñanza a implicármonos nunha loita que consideramos que é cuestión de todos e cada un de nós. Por iso queremos agradecer aos dous CEIPs, Virxe do Carme e Vista Alegre, a súa colaboración; e tamén ao Hospital da Costa e aos facultativos e médicos residentes Tarek Abadi García, Juan José Lorenzo Otero, Diego Fole Eimil, Carmen Herrero Muñoz, Miriam Salido Mediavilla, Lidia González Martín, Lucías Capeáns González e Alba Varela Arrojo a súa imprescindible colaboración. Tamén queremos ter un recoñecemento especial á Fundación ALCOA e ao voluntariado da mesma, base fundamental para a realización de esta xornada.

ESPERANZA APORTARÁ 1.500,00 EUROS A GEICAM

O vindeiro mércores día 19 instalaranse as xa tradicionais mesas de cuestanción para a loita contra o cancro tanto no Hospital da Costa coma na Praza do Concello. Indicar que Esperanza fará ao GEICAM unha aportación 1.500,00 euros nos vindeiros días, dando cumprimento ao primeiro obxectivo da asociación, a recadación de fondos para millorar a investigación na loita contra a enfermidade.

CURSO PILATES

Este mes tamén comezou un curso de pilates específico para socios, básico e adaptado ás circunstancias personais, que vén a ser a primeira actividade que se desenvolve neste outono-inverno.

A Asociación Esperanza agradece a colaboración que segue a ter da veciñanza de Burela e especialmente das persoas que se van sumando á asociación.

Exit mobile version