Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercar no comercio de Lourenzá ten premio

Lourenzá, 7 de outubro, 2022. Mercar no comercio de Lourenzá entre hoxe, 7 de outubro e o 14 de outubro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros para seguir mercando no comercio desta vila.

A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Industriais de Lourenzá poñen en marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”.

Así, todos os clientes de Lourenzá que realicen compras no comercio de proximidade entre o 7 e o 14 de outubro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo terá lugar o venres, 14 de outubro, ás 20.30 horas na Praza Conde Santo. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 17.00 horas nesta mesma praza.

A campaña “Mercar no teu comercio ten premio”, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre setembro e novembro nun total de 11 localidades da provincia.

Exit mobile version