Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova reunión do grupo de participación adolescente de Viveiro este mércores

Viveiro, 18 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro informa da próxima reunión do Grupo de Participación Adolescente para mañá mércores, 19 de outubro. Os integrantes desta iniciativa convocan a xuntanza na Sala de Xuntas do Concello de Viveiro, nunha cita que comezará ás 16.30 e concluirá en torno ás 18.30 horas.

Na súa última reunión o Grupo de Participación Adolescente elaborou un díptico coa finalidade de dar a coñecer a súa labor, ao tempo que animan a todas as mozas e mozos da vila a unirse a elas e eles no seu segundo ano de vida.

“É unha plataforma a través da que traballar e defender os Dereitos da Infancia. Un espazo no que se lles da voz, e que serve ademais para que dende o Concello se poida atender as súas propostas e demandas, dando resposta ás súas necesidades e intereses”, destaca Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social do Concello de Viveiro.

“Ao mesmo tempo as rapazas e rapaces aproximanse á política local, galega e estatal, e tratan de facer as súas aportacións como un medio para lograr cambios, atendendo aspectos relevantes para elas e eles ”, engade a edil.

Neste senso, entre as próximas actividades previstas polo Grupo de Participación Adolescente, está a súa Participación no X Foro de Participación Infantil no Parlamento de Galicia, no marco do Día Mundial da Infancia o próximo 15 de novembro xunto a outros 11 grupos mais da comunidade autónoma.

Exit mobile version