Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS suma a súa segunda vitoria diante do Sala 10

Os laranxas impuxéronse 1-3 na casa do cadro zaragozista

Burela, 1 de outubro, 2022. Primeira parte cun inicio do Burela moi metido no partido despregando un xogo moi intenso baseado na presión. O esforzo dos laranxas deu pronto os seus froitos e xa no minuto 3 o CD Burela FS gozaba dunha vantaxe de dous goles grazas aos tantos de Eloy e Pazos. Tres minutos despois (minuto 6) o Sala 10 acurtou diferenzas cun disparo de Rivera que veu precedido dun tempo morto solicitado polo adestrador maño Jorge Paus. Con todo non lle ía durar moito a alegría aos locais porque, minutos despois, Eloy ampliaría a vantaxe laranxa cun gol máis para a súa conta particular. Nas postrimerías desta primeira metade o xogo de ambos os equipos igualouse e os burelistas tiveron que empregarse para controlar as acometidas dos locais, que dispuxeron de varias oportunidades para reducir a distancia no marcador. Finalmente chegaríase ao descanso con 1-3 a favor do Burela FS.

Na segunda parte o Sala 10 saíu decidido a reverter a desvantaxe no marcador arrinconando ao CD Burela FS no seu campo. Os zaragozistas tiveron oportunidade de conseguir froito desta intensidade no minuto 6, con dous disparos consecutivos que Kaluza conseguiu repeler en boca de gol. A partir de aí o Burela FS recompuxo o seu xogo grazas a unha defensa ordenada e a unha saída de balón na procura dun novo gol que sentenciase o partido. A falta de 4 minutos para o final o Sala 10 colocou a Mateo como porteiro-xogador para aumentar as súas posibilidades, pero os laranxas souberon manter a orde en defensa ata o asubío final sen que o marcador se movera.

Ficha técnica

CD Burela FS: Kaluza, Lucho, David Pazos, Eloy, Pitero, -Cinco Inicial- Bruno, Nito, Isma, Rikelme, Alberto, Anton Arnejo

Sala 10: Iván Bernad, Carlos, Ortego, Yera, Óscar Villanueva, -cinco inicial- Dani Álvarez, Rubén, Rivera, Óscar Andreu, Mateo, Marcos, Kike, Richi, Javi Izaguerri

Goles: Min 3 Eloy 0-1; Min 3,5: Pazos 0-2; Min 6 Rivera 2-1; Min 8 Eloy 3-1

Equipo arbitral: Bardera Bardolla y Gómez de Salazar (comité vasco)

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Segunda Federación de Fútbol Sala Masculino disputado no pavillón CDM Siglo XXI.

Exit mobile version