Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela logra un triunfo traballado ante o Betis B

Os “pícaros” gañan 3-5 aos andaluces

Burela,16 de outubro, 2022. O CD Burela sumou esta tarde unha vitoria na súa viaxe a Sevilla para enfrontarse ao Real Betis Futsal B. A primeira metade comezou co cadro andaluz moi ben situado no seu campo e con rápidas saídas de balón. Isto fixo que o Betis se adiantase no minuto 1 grazas a un gol de Mariano tras unha imprecisión de Kaluza á hora de salvar o balón. Tras o gol, o Pescados Rubén Burela recuperouse e comezou a aumentar a intensidade do seu xogo. Os “laranxas” tiveron varias ocasións para empatar o partido nas botas de Eloy, Pazos e Pitero; pero non foi ata o minuto 11 cando David Pazos fixo o 1-1. Uns segundos despois Nando tivo unha gran ocasión para afastar ós “laranxas”, pero foi o Betis quen aproveitou as súas ocasións e a falta de dous minutos para o final do primeiro tempo, Gonzalo marcou o 1-2 para o Betis.

A segunda parte comezou cun CD Burela decidido a darlle a volta ao marcador canto antes. A presión dos laranxas foi constante, pero o Betis estivo ben organizado en defensa e atento a roubar o balón e saír ao contragolpe. Finalmente, David Pazos empatou a 2-2 no minuto 25 grazas a unha rápida transición. Segundos despois, Alberto tivo unha clara ocasión, estrelando o balón no pau; e uns segundos despois David Pazos conseguiu poñer por diante ao Burela FS aproveitando o xogo inferior do Betis.

Os andaluces non se desmoronaron e no minuto 29 Guido empataba a 3. O Burela FS tampouco se descompuxo e continuou co seu xogo combinado, que levou ao 3-4 grazas a un espectacular disparo afastado de Pazos que entrou pola escadra da portería do Betis. Nese momento, e cun gol en inferioridade, o Betis optou por xogar cun porteiro-xogador, pero o Burela FS conseguiu saír ben da presión con claras ocasións de Kaluza e Pazos para distanciarse no marcador. Xa na fase final do encontro, Isma logra o gol definitivo co que rematou o encontro.

Ficha técnica:

Real Betis Futsal “B”: Raúl, Mariano, Quelle, Pablo Muñoz, Gensujke, -cinco inicial- Cendán, Álvaro, Guido, Gonzalo, Jaime, Fletches, A. Carrión

CD Burela FS: Kaluza, Lucho, Eloy, david pazos, Pitero, -cinco inicial- Rikelme, Alberto, Nando, Isma, Antón Arnejo, Bruno, Nito

Goles: Min 1: Mariano 1-0; Min 11: Lucho 1-1; Min 18: Gonzalo 2-1; Min 25: D. Pazos 2-2; Min 26: D. Pazos 2-3; Min 29: Guido 3-3; Min 35: D. Pazos 3-4; Min 40: Isma 3-5;

Equipo arbitral: Almeida León e Santana Santana

Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da Segunda Federación de Fútbol Sala Masculino disputado no pavillón Centro Deportivo Amate.

Exit mobile version