Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club de Bolos Xove domina a Liga Provincial 2022

Xove, 22 de outubro de 2022. Este venres celebrouse no Concello de Pol a Gala de Entrega de Premios da Liga Provincial de Bolos corrrespondente a este ano 2022, Liga organizada por todos os clubs da Provincia. En canto á Gala en sí, cada ano organíza un dos clubs participantes, neste caso o Club Arcasco-Carballal de Meira.

Un ano máis o Club de Bolos Xove volveu a dominar nesta Liga, sendo con moita diferenza, o club máis laureado de toda Provincia.

Acompañando ao Club de Bolos Xove nesta Gala estiveron as concelleiras Dolores Meitín (cultura) e Cecilia Duarte (medioambiente).

Entorchados conseguidos polo club de Bolos Xove nesta Liga Provincial 2022:

INDIVIDUAL
-Categoría veteranos: 1º Marcelino Rodríguez.
-Categoría senior: 1º Daniel Alonso
2º Andrés Manuel Rodríguez.
-Categoría feminina: 1ª Julia López.
2ª Belén Meitín.
3 ª Mª del Carmen Roca.
-Categoría xuvenil: 1º Xenxo salgueiro.
4º Javier Alonso.

EQUIPOS
-Categoría absoluta: 1º Club de Bolos Xove.
-Categoría vetrerano: 2º Club de Bolos Xove.
-Categoría feminina: 1º Club de Bolos Xove.

Exit mobile version