Site icon Crónica3.com A Mariña

O comercio de proximidade de Ribadeo súmase á iniciativa Bono Activa Comercio

Ofrécense descontos de ata 30 euros nas tendas que participan nesta iniciativa

Ribadeo, 12 de setembro de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega, explica que “está aberto o prazo para o Bono Activa Comercio, que prevé unha mobilización económica de 17 millóns de euros”. Con esta iniciativa ofrecécense descontos de ata 30 euros aos consumidores galegos e empregalos na lista de establecementos adheridos a esta iniciativa. “Desde hoxe, o comercio de proximidade súmase a esta iniciativa na que se estima que se achegará a unha poboación de 160.000 persoas” explica Dani Vega

A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto será de 5 euros para compras entre 20 e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras entre 30 e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

“Ribadeo goza dun magnífico comercio e así aválao a súa historia. Tamén é un referente dentro da comarca, démonos conta que a nosa vila abre as portas continuamente á Asturias” di Dani Vega.

O voceiro destacou que a Xunta de Galicia e o grupo municipal popular seguirán nesta senda impulsando iniciativas de gran calado e con outras que impulsen a economía de Ribadeo e que se irán presentando ao longo dos vindeiros días.

Exit mobile version