
Viveiro mostrará o seu apoio a esta data iluminando de cor turquesa a porta de Carlos V, durante a noite do sábado 8 de outubro. O Concello adhírese así á reivindicación da Federación Española de Dislexia, á que se suman cada ano institucións de todo o mundo. Este 2022, Nacións Unidas realizará un evento sobre a dislexia con motivo desta efeméride. O obxectivo desta iniciativa é dar visibilidade este trastorno da aprendizaxe, que afectan ao 10% da poboación e carecen da notoriedade necesaria.