Site icon Crónica3.com A Mariña

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu este xoves á Festa dos Maiores de Mondoñedo

Durante o encontro lembrou que as persoas maiores, ás que agradeceu o esforzo que fixeron durante os momentos máis difíciles da pandemia, poden por fin retomar a súa participación neste tipo de eventos. Antón Acevedo destacou a aposta do Goberno galego polo envellecemento activo e saudable, así como por achegar cada día máis recursos aos maiores para que vivan onde vivan poidan pasar esta etapa das súas vidas de acordo coas súas preferencias e necesidades. Ao respecto, referiuse ás axudas aos Concellos e entidades de iniciativa social para a construción, reforma ou ampliación de centros de servizos sociais; á nova estratexia de teleasistencia para elevar nun 50% o número de maiores que contan con apoios tecnolóxicos nas súas casas; e ao reforzo tanto do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) como do programa de Coidados porta a porta.

Exit mobile version