Site icon Crónica3.com A Mariña

O Equipo de Goberno de Alfoz leva a cabo, un ano máis, unha serie de reunións c@s veciñ@s para escoitar as propostas cara os Orzamentos Municipais

Alfoz, 23 de outubro, 2022. O Equipo de Goberno do Concello de Alfoz leva a cabo, un ano máis, unha serie de reunións cos veciños e veciñas para escoitar as propostas cara os Orzamentos Municipais do vindeiro 2023.

Os venres, ás 20:00h terán lugar nas distintas parroquias ao longo destes meses para escoitar as demandas veciñais, pero tamén para informar sobre diferentes obras, servizos e actividades que se están a realizar o que están previstas para un futuro inmediato. É pois un espazo de diálogo entre os cidadáns e os dirixentes municipais co obxectivo principal de seguir mellorando o concello entre todos e todas.

Deron comezo o pasado venres na parroquia do Pereiro e continuarán segundo o calendario previsto:

28 de outubro: As Oiras. Escola das Oiras
4 de novembro: Lagoa. Escola da Pinguela
11 de novembro: Carballido. O Trece.
15 de novembro: Bacoi. Escola de Bacoi
2 de decembro: Adelán. Escola dos nenos.
6 de decembro: Mor. O Castro. Reirado e Asociacións. Salón de Actos da Casa da Cultura.

Exit mobile version