Site icon Crónica3.com A Mariña

O eurodeputado Nicolás G. Casares recibe ao alumnado e profesorado do IES Dionisio Gamallo en Bruxelas

A secretaria xeral do PSOE de Ribadeo, Marta Rey, acompañou ao grupo na súa viaxe

Ribadeo, 13 de outbro, 2022. O eurodeputado galego Nicolás González Casares visitaba o pasado mes de abril o IES Dionisio Gamallo de Ribadeo no marco do programa deseñado polo centro para celebrar o Día de Europa para darlles a coñecer o funcionamento do Parlamento Europeo e os asuntos máis relevantes que marcan a axenda europea hoxe en día.

Agora, o alumnado de 1º de Bacharelato xunto ao seu profesorado e a secretaria xeral do PSOE de Ribadeo, Marta Rey, convidados por Casares, puideron viaxar ata Bruxelas para visitar a capital europea e o Parlamento, achegándose in situ á realidade das institucións europeas da man do socialista.

Nicolás González destacou “o compromiso do centro cos valores da Unión Europea e o interese dos rapaces no proxecto europeo” e lembrou o papel fundamental que desenvolve o profesorado para levar o coñecemento da UE ás aulas. O IES Dionisio Gamallo é unha das seis escolas galegas Embaixadoras do Parlamento Europeo e está coordinada polo mestre de Filosofía Manel Yáñez Dablanca.

Exit mobile version