Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Socialista acusa ao Sergas de “parchear” a falla dunha das dúas pediatras de Burela repartindo o seu cupo

O Grupo Socialista acusa á Xunta de deixar 192 concellos sen pediatría porque según eles os nenos e nenas galegos “non merecen” ser atendidos en tódolos centros de saúde

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2022. A parlamentaria socialista Patricia Otero acusou hoxe á Xunta de deixar 192 concellos sen servizo de Pediatría porque, dixo, consideran que “os nenos e nenas galegos non merecen ter pediatra en tódolos centros de saúde”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a situación do Centro de Saúde de Burela, onde o Sergas respondeu á falla dunha das dúas pediatras repartindo o seu cupo entre 3 profesionais.

A responsable socialista aludiu á recente entrevista á nova xerente do Sergas, na que “sacoulle a careta ao PP e amosou a súa verdadeira cara” ao sinalar que “os galegos e as galegas non necesitamos pediatras en tódolos centros de saúde”. Naquela entrevista, lembrou, tamén sinalou que “os galegos estabamos mal acostumados e eramos demasiado esixentes pedindo que nos atenda un médico cando temos un problema de saúde”, ironizou Otero.

A parlamentaria socialista comparou a valoración do Sergas apuntando a que “non tódalas citas de atención primaria teñen que darse no día” coa realidade de Centros de Saúde como o de Viveiro, onde os veciños e veciñas “chegaron a agardar ata 15 días a que os atendera un médico de atención primaria”. Á vista desta folla de ruta do goberno galego, Otero reivindicou un “cambio global de políticas” na sanidade pública galega.

Burela

Patricia Otero preguntou pola situación do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Burela, onde o Sergas respondeu con “parches” á marcha dunha das dúas pediatras asignadas. Así, os 1.500 nenos e nenas correspondentes a este centro son atendidos por unha soa pediatra, que ten que darlle asistencia tamén ao cupo que lle correspondía á súa compañeira, pero solo pode atendelos os martes e xoves pola tarde.

O resto do cupo de rapaces e rapazas é atendido pola pediatra de San Cibrao, que ten que desprazarse a Burela os martes e xoves, ademais de outro pediatra contratado cinco horas tres días á semana. Otero acusou ao Sergas de “cargar sobre os lombos duns profesionais excepcionais a súa penosa e chapuceira política de persoal”, preferindo “machacar” ás pediatras impoñendo “condicións inhumanas e abusivas” que poñen en risco a calidade do servizo para os nenos e nenas.

Afeoulle ao goberno galego que respondan dicindo que van continuar “reorganizando e reestruturando”, o que traduciu en que “van seguir movendo profesionais dun lado para outro en función das protestas sociais”. Advertiu que “non é xeito de manter un servizo de pediatría digno para os nosos nenos e nenas”.

Exit mobile version