Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES de Foz celebra dende o luns a súa tradicional semana micolóxica

A semana do 24 de outubro celébrase no IES de Foz a súa tradicional semana micolóxica. Con esta semana recupérase unha actividade previa á pandemia. O luns 24 hai unha charla impartida por Suso Liste onde fará unha introducción sobre o mundo dos fungos. O martes, o alumnado de hostalería realizará unha saída ó Campo do Oso para recoller os cogomelos. Toda a semana haberá exposición para entender os diferentes tipos e as características xerais deles. A actividade rematará cunha degustación o xoves, ás 14:30, no comedor da carta dirixida ó alumnado participante e ao persoal do centro.

Exit mobile version