Site icon Crónica3.com A Mariña

Pallaregas indignada trala marcha atrás no arranxo da súa estrada principal, afirma o BNG

Viveiro, 11 de outubro, 2022. De todos é sabido o mal estado no que se atopan moitas das estradas do concello que son de titularidade municipal. Un dos casos máis sangrantes dende hai anos é a estrada que vai dente Covas ata á Casería, nas Pallaregas. Unha estrada con tráfico intenso e que se atopa nun estado lamentable con incontables baches, falta de sinais, cunetas que desbordan auga…

O 23 de Febreiro, a Agrupación de veciños das Pallaregas tivo unha reunión para tratar este tema coa presencia da alcaldesa, o tenente de alcaldesa e varios técnicos municipais, quenes informaron á veciñanza de que esta estrada xa tiña proxecto feito para o seu arranxo, onde ensinaron planos, memorias e varias explicacións aos alí presentes.

Neste proxecto ía a estrada principal das Pallaregas que vai desde a vía do tren ata a Casería, ademais dun ramal que sae desta que vai cara o cemiterio e volta á mesma pola Pedreira.

O arranxo destas dúas estradas, máis outra de Vieiro despois de ser denunciado o seu estado polo BNG, eran para facer de maneira inminente, pois como ben dixo a alcaldesa “o estado das mesmas é moi malo” e afirmou que xa contaba dito proxecto cunha achega para a súa execución. De feito as máquinas a día 26 de setembro estaban no ramal da Pedreira para proceder co seu arranxo.

Nesta semana do 26 de setembro, unha persoa veciña das Pallaregas preguntou ao encargado de obras do Concello “se a estrada principal das Pallaregas se ía facer a continuación”, sendo sorpresa para esta persoa cando lle contestan que “non, que neste momento non hai cartos para a súa execución.”

Desde o BNG de Viveiro e a través da concelleira Míriam Bermúdez, levamos isto ao pleno para saber:

. Que pasou con esa achega que se afirmou que ía ser destinada para arranxar estas estradas das Pallaregas e onde inlcuso se informou das actuacións que se ían facer como o aglomerado en quente, marcaxe das liñas, limpeza de cunetas, sinalización, etc?

. Por outro lado, nos orzamentos que se aprobaron para este exercicio figuraba unha partida para estas obras e agora, non hai cartos. Onde vai ese importe que se supoñía que eran exclusivos para esta obra?

Exit mobile version