Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pide a mellora da estrada entre Escourido e a praia da Abrela

Viveiro, 18 de outubro, 2022. No día de onte produciuse na estrada entre Escourido e a Abrela unha saída de vía dun vehículo, afortunadamente sen danos persoais.

No último ano, e segundo nos informan os veciños téñense producido outras saídas de vía, e moitos sustos debido ao estreito da calzada.

A pavimentación da mesma provoca unha desnivel importante entre a calzada e a cuneta, e o trazado non conta con biondas de protección para as posibles saídas de vía.

Rogamos ao equipo de goberno, que tome as medidas de seguridade necesarias na citada vía a fin de evitar novos accidentes.

Exit mobile version