Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo celebrará o Samaín o 5 de novembro con diversas actividades interxeracionais na praza de abastos

Ribadeo, 25 de outubro de 2022. A praza de abastos acollerá o 5 de novembro as actividades organizadas pola Concellaría de Mocidade e a OMIX para celebrar o Samaín.

De 16:30 a 18:30 horas haberá diversas actividades interxeraciones como decoración de cabazas e elaboración de colares de zonchos. Ademais haberá un espazo de xogos tradicionais, cantos e ditos dirixidos pol@s participantes no programa As Parroquias en Marcha.

O concelleiro de Mocidade, David Rivas, explica que “os asistentes ao Samaín deberán traer as súas cabazas”. E engadiu: “o que queremos é que a rapazada e as persoas adultas das nosas parroquias intercambien experiencias e tradicións e que pasen unha tarde moi agradable”.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á OMIX, situada na Casa da Xuventude na rúa Antonio Otero, 15, ou chamando por teléfono al 982 129 889.

Exit mobile version