Site icon Crónica3.com A Mariña

Trala sentencia do TSXG que condena ao Concello de Viveiro á readmisión dunha traballadora e ao pago dunha indemnización, Por Viveiro pide á Alcaldesa que acate a decisión

Viveiro 28 de outubro de 2022. No día de onte, a través dunha mesa de contratación, coñeciamos a sentencia dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que condena ao Concello de Viveiro á readmisión dunha traballadora e ao pago dunha indemnización por danos morais de 6.500€, así coma o pago dos atrasos.

Bernardo Fraga, Portavoz dos Independentes de Por Viveiro, declarou esta mañá: “Unha vez coñecida a sentencia do TSXG que condena ao Concello de Viveiro á readmisión dunha traballadora e ao pago dunha indemnización, pedimos á Alcaldesa María Loureiro, que acate a decisión”.

Os independentes teñen claro que o TSXG é claro e contundente, trátase dun despido nulo, polo que non ten sentido seguir teimando e gastando o diñeiro público, nunha situación tan clara. Non só o Concello de Viveiro ten que abonar a indemnización, hai que pagar os atrasos do salario e a parte correspondente dos seguros sociais, o cal sae nunha cantidade importante que temos que asumir todas as veciñas e veciños”.

“Tralo anuncio nos medios de recurso ante o Tribunal Supremo, non entendemos a inquietude do Goberno Municipal por seguir pelexando para que sexa unha empresa privada a que realice o servizo en lugar dunha traballadora do propio Concello, non é unha práctica moi acorde coa defensa dos traballadores” declararon.

Exit mobile version