Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha colisión entre dous coches no Valadouro saldouse cunha persoa excarcerada

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente ás 7:45 horas desta mañá, a través de varias persoas particulares. Indicaban que o choque entre os dous vehículos producírase no punto quilométrico 7 da LU-162. De xeito inmediato, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, do GES de Cervo, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e do servizo de mantemento da vía de circulación. Segundo a información recollida no 112 Galicia, os Bombeiros usaron o material de excarceración para liberar a unha persoa, que foi trasladada ao Hospital da Mariña.

Exit mobile version