Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha unidade móbil de ITV pasará novamente inspección aos vehículos agrícolas en Foz, na área recreativa de Ferreiravella en San Martiño, o 27 de outubro

O pasado 2021 mais de 40 vehículos puideron realizar un servizo moi demandado dende hai tempo polas Asociacións de Veciños. Será como a pasada inspección, na Área Recreativa de Ferreira Vella, en San Martiño o 27 de outubro. Pódese pedir cita previa no teléfono 981903000 ou por internet na ligazón www.sycitv.com. Dado o interese da convocatoria previa, amplíase o horario de atención e será de 09:00 a 13:30, e como novidade tamén de 15:15 a 18:00 horas, o día 27 de outubro.

Exit mobile version