Site icon Crónica3.com A Mariña

Victoria para as laranxas con remontada

Impuxéronse 4-2 a Ourense Envialia nun partido de moita intensidade

Burela, 1 de outubro, 2022. O derbi galego da categoróa de honra feminina arrincou en Vista Alegre cunha primeira fase de tenteo inicial entre os dous equipos para, posteriormente, ir soltándose ámbos quintetos cun intercambio de ocasións ata que no minuto 12 Judith Pedreira sofre unha lesión no seu xeonllo tras caer mal nun forcejeo en ataque por un balón en disputa con Cilene. A ex burelista tivo que ser atendida e retirada en padiola polos servizos médicos. Con todo, o Ourense Envialia repúxose deste xerro de auga fría cun gol de contraataque a falta de 4 minutos para o final a cargo de Candela Soria, logrando así adiantar ao seu equipo. Isto azourou ás burelistas, que gozaron de varias ocasións para igualar o partido, aínda que non foi ata o minuto 19 cando Peque logra materializar o 1-1 cunha xogada trenzada por todo o equipo laranxa.

No arranque da segunda parte o CD Burela FS púxolle unha marcha máis ao partido e intensificou a presión, o que propiciou que o Ourense aproveitase unha boa saída de presión en campo propio de Clara Fernández a Candela Soria, que volveu desequilibrar a balanza para as visitantes. Tres minutos máis tarde (no 32), O Burela conseguiu de novo igualar a balanza cun gol de Jenny, que marcou despois dun forcexeo na área. A partír dese momento o cadro de Raquel Mondoruza ía acusar o cansazo debido ao ritmo imposto polo CD Burela FS durante todo o partido. O 3-2 chegou no minuto 36 grazas a un novo tanto de Peque. Finalmente, Emilly foi a autora do cuarto e último tanto burelista a pouco máis de 2 minutos para rematar así cunha remontada en Vista Alegre.

Ficha técnica:
CD Burela FS: Jozi, Emilly, Cilene, Antía Pérez, Patri, -cinco inicial- Danny, Peque, Jenny, Irene Samper, Masha, Evelina, Dasha, Sonya

Ourense Envialia: Vane, Chiki, Clara, Judith, Candela, -cinco inicial- María, Vero, María Arias,Uxía Rodríguez, Sara Moreno, Vane, Jenny Lores

Goles: Min 16 Judith 0-1; Min 19: Peque 1-1; Min 29 Candela 1-2; Rivera 2-1; Min 8 Eloy 3-1
Min 32 Jenny 2-2; Min 36 Peque 3-2; Min 38 Emilly 4-2

Equipo arbitral: Menéndez Nistral y Vilas López

Incidencias: Partido correspondente á 4ª xornada da Primeira Federación de Fútbol Sala Feminino disputado no pavillón Vista Alegre.

Exit mobile version