Site icon Crónica3.com A Mariña

25N en Cervo

Este venres celebrouse a Andaina solidaria desde a unidade residencial da asoc. Saúde Mental A Mariña, coa incorporación do alumnado do CEIP de Cervo. Ademais, ante a Casa do Concello, deuse lectura do manifesto a cargo dunha usuaria do centro e de estudantes do CEIP, seguido dun minuto de silencio en recordo de todas as mulleres vítimas desta lacra. Interpretouse o tema “Chea de vida” de Guadi Galego en lingua de signos por parte do alumnado. Pola tarde, a presidenta de Mulleres en Igualdade Provincial Lugo-Cervo, Adelina Fernández, descubriu un banco morado que quedará instalado na Prazoleta da Casa da Cultura, e que ela mesma acondicionou en memoria de todas as mulleres vítimas da violencia machista.

Exit mobile version