Site icon Crónica3.com A Mariña

A Área de Deportes do Concello de Ribadeo asinou convenios de colaboración das subvencións nominativas deste 2022 con 10 entidades

Ribadeo, 17 de novembro de 2022. A Área de Deportes do Concello de Ribadeo asinou convenios de colaboración das subvencións nominativas deste 2022 con 10 entidades deportivas. O montante ascende a 43.000 euros, segundo deu a coñecer Jorge Díaz.

O edil ribadense explicou que “asinamos unha nova colaboración de subvencións nominativas 2022 na Área de Deportes con 10 entidades deportivas. Nas próximas datas sumarase outra, que, por motivos técnicos non se puido presentar este día. O montante son 43.000 euros en total. Son subvencións nominativas deste ano que teñen para xustificar ata o 31 de xaneiro do 2023”.

Jorge Díaz subliñou que “isto sumado ás que acaba de rematar o prazo, as de concorrencia, que son 5.000 euros, fan un total de 48.000 euros de investimento en subvencións, tanto nominativas como de concorrencia, para este ano 2022”.

O concelleiro de Deportes dixo que “desde o Concello de Ribadeo seguimos aportando unha cantidade que consideramos importante. Todo se pode mellorar, evidentemente, pero seguimos adiante apoiando ao deporte base para que os nenos e as nenas teñan moitas modalidades deportivas para practicar en Ribadeo”.

Exit mobile version