Site icon Crónica3.com A Mariña

A EDAR do parque empresarial de Camba recibe melloras ambientais e operacionais

Xove, 4 de novembro de 2.022. Esta obra de mellora da EDAR do Polígono de Camba tivo unha triple vertente:

1º.- Renovación dos equipos de aireación dos reactores biolóxicos existentes.

2º.- Instalación dun sistema integral de automatización e control.

3º.- Rehabilitación do entorno e dos elementos de peche da EDAR, así como a urbanización do entorno das instalacións.

Esta importante obra, que vai mellorar moito a eficiencia da depuradora existente, foi realizada pola empresa Hicogal Tecnologías S.L.

O investimento final total foi de 94.915,85 €, financiado polo Concello (20%) e pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia (80%)

Exit mobile version