“Dentro do marco previsto pola Mesa Coordinadora Don Paco, de Lourenzá, na elaboración de actos e actividades a realizar para honrar a figura de Francisco Fernández del Riego, escritor laurentino ao que se lle dedicarán as Letras Galegas o próximo ano 2023, no pasado mes de outubro mantivéronse contactos con distintas institucións e organismos públicos: O día 18 Rocío López, Isabel Vilalba e María Áurea Vázquez desprazáronse a Lugo para entrevistarte coa vicepresidenta de Deputación Provincial, Tareixa Antía Ferreiro Tallón; en Vigo o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga Pereira, e outros padroeiros recibiron o día 27 a Xosé Luís Fernández de Xosé López; e o pasado día 31 foron Rocío López, Javier Rodríguez e Manuel Román os que se entrevistaron en Santiago de Compostela co director xeral de Política Lingüística, Valentín García, e co director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo”, explica a Mesa Coordinadora Don Paco, que tamén anuncia que “en próximas datas estes contactos seguirán o seu curso co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, e co presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes”.