Site icon Crónica3.com A Mariña

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela realiza un ano máis a campaña de concienciación e prevención este xoves, coincidindo do Día da Sida

Burela, 30 de novembro, 2022. Este venres, 1 de decembro, conmemórase o Día Mundial da SIDA, e dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela, realízase un ano máis a campaña de concienciación e prevención.

Cun calendario de parede preténdese recordar cada día a necesidade de tomar medidas de prevención. Este ano a gañadora do debuxo protagonista no calendario e a alumna do IES Perdouro Shiva Eliska Alinda Nurhakim. Mañá, día 1, ás 11,30 entregaráselle a ela e aos outros dous finalistas, o premio do certame de debuxo que organiza a UAD do Concello de Burela.

Este calendario será distribuido polos centros sanitarios, sociáis e educativos de todo o Concello.

Ademais, nos dous institutos levarase a cabo a distribución de material con información sobre as Infeccións de Transmisión Sexual a todos os alumnos de xeito personalizado, así como sobre as probas rápidas de detección de VIH e HC.

Exit mobile version