Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación na Libraría Bahía de Foz

Este xoves, 1 de decembro ás 20:30h. acollemos na Libraría Bahía a presentación de Kéltiga, cartas mitolóxicas galegas. Trátase dun xogo de cartas que representan figuras, lugares e sucesos da mitoloxía galega e que veñen acompañadas dun libro que explica a orixe e sentido das mesmas. Kéltiga é unha obra de Carmen Tomé, Katova de nome artístico, antropóloga e artista plástica autora das cartas e dos estudio antropolóxico que as acompaña. Na presentación estará xunto coa autora, Jacinta Martín coa que relizará unha representación de tres historias utilizando o teatro xaponés Kamishibai.

Exit mobile version