Site icon Crónica3.com A Mariña

Castañas, música tradicional e exposición fotográfica no Magosto da “Irmandade San Caetano”, este sábado en Celeiro de Mariñaos

Barreiros, 24 novembro 2022. A Asociación cultural e veciñal “Irmandade San Caetano” de Celeiro de Mariñaos organiza este sábado 26 de novembro o tradicional magosto. Será nas escolas de Celeiro a partir das 20:00. Esta cita gastronómica e musical donde a referencia é a castaña, haberá tamén xamón cocido, empanada e bolos con chourizo, e todo polo módico prezo de 8€ xunto coa bebida. A parte musical correrá a cargo do Cuarteto de música tradicional Xaramolo. Para anotarse facilitan desde a asociación os seguintes tfnos: 696 969 052, 699 062 010, 654 853 790.

Así mesmo desde Irmandade informan que ese día poderase contemplar nas escolas unha exposición de fotografías antigas relacionadas con diversas temáticas da parroquia e que peretenecen ao fondo fotográfico da asociación.

Exit mobile version