Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello e Deputación asinan un convenio para o impulso de festividades e citas culturais de Viveiro

Viveiro, 26 de novembro de 2022. Viveiro, 26 de novembro de 2023. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, asinou un convenio de colaboración co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, polo cal a institución provincial destina 150.000 euros ao Concello para o desenvolvemento de actividades e eventos que o municipio organiza ao longo do ano, como poden ser as festividades de Nadal, de Entroido, as festas de verán ou mesmo as Maulas de Galdo.

Ademáis, partidas deste convenio destinaranse tamén para outras moitas citas veciñais e parroquiais nas que o concello colabora activamente.

A rexedora local quixo agradecer ao presidente provincial esta achega, que “axudará a seguir celebrando algunhas das festas e actividades máis arraigadas entre os veciños e veciñas de Viveiro e que supoñen tamén un pulo turístico e económico para o tecido empresarial de Viveiro”.

O Concello de Viveiro traballa activamente desde hai anos para manter e impulsar todas as tradicións locais, desestacionalizando ademais desta forma a chegada de visitantes.

Exit mobile version