Site icon Crónica3.com A Mariña

Detido o presunto autor do atraco do estanco de Burela

A Garda Civil detivo en Burela a un veciño desta localidade, de 49 anos de idade, como suposto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación cometido nun estanco. Os feitos tiveron lugar o pasado mes de outubro, cando supostamente a persoa detida accedía ao interior do establecemento co rostro tapado e esgrimindo un coitelo de grandes dimensións tentando subtraer o diñeiro da recadación. Ante a férrea oposición da empregada do local conseguía levar só unha carteira con diñeiro en efectivo e documentación persoal. O detido foi posto a disposición xudicial.

Exit mobile version